CRTVG

Buscar

Tentan conter o combustible do barco afundido en Vigo para evitar a contaminación

Publicado o 04/12/2020 16:29

Xa son tres as barreiras anticontaminación instaladas no peirao de Bouzas e aínda está previsto colocar algunha máis por prevención. No entanto, os mergulladores comproban o estado do casco, que non parece estar moi afectado, e cegan os respiradoiros dos depósitos de combustible.

A directora do Porto de Vigo, Beatriz Colunga, explica que están mirando a maneira de taponalos para que non saia o gasóleo.

O operativo contra o lume non puido evitar o afundimento do pesqueiro Baffin Bay, construído en Vulcano en 1993. O incendio comezou no decurso duns traballos de reparación nunha adega situada a moita profundidade.

Explica que se tentou salvar o barco porque a auga que entraba para apagar o incendio tentábase achicar pero o lume non daba tregua, así que os bombeiros dérono por perdido.

A casa armadora terá que presentar, nos próximos días, un plan de reflotación do barco, que se dedica á pesca da lura nas Malvinas.

Noticias web

04/12/2020