CRTVG

Buscar

Tentamos clarexar algunhas dúbidas sobre as novas restricións

Publicado o 23/02/2021 16:18

Ante o novo mapa de restricións xurden multitude de dúbidas. Imos tentar clarexar algunhas das máis frecuentes no canto á mobilidade, a práctica deportiva ou o toque de recollida.

PODO IR DE SANTIAGO A SANXENXO?

Non, son concellos con situación epidemiolóxica diferente. Sanxenxo está en nivel dous, cunha maior incidencia acumulada do virus, e Santiago en nivel 3 polo que non está permitida a mobilidade entre ambos os dous concellos.

PODO IR DE LUGO Á MARIÑA?

Si, os habitantes de Lugo poden desprazarse a todos os concellos da Mariña agás á Pontenova, que é un dos 17 concellos galegos que se atopa limitado perimetralmente.

PODO IR DO PORRIÑO A CARTELLE?

Si, a mobilidade está permitida xa que os dous concellos están no mesmo nivel, en nivel 2.

PODO VIAXAR DE GALICIA A MADRID?

Non, a comunidade segue pechada perimetralmente, polo que non está permitido nin entrar nin saír de Galicia salvo por causas xustificadas.

CAMBIOU O HORARIO DO TOQUE DE RECOLLIDA?

O horario do toque de recollida non varía. Segue establecido entre as 10 da noite e as 6 da mañá.

CANDO REABREN OS XIMNASIOS?

Agás nos 17 concellos perimetrados, os ximnasios e piscinas poden reabrir en toda Galicia. Pódese volver a practicar deporte, pero sempre coa máscara e máximo en grupos de catro persoas e o monitor.

CANDO ENTRAN EN VIGOR AS NOVAS NORMAS?

As novas medidas entran en vigor este mesmo venres.

Noticias web

23/02/2021