Tensión no golfo Pérsico pola crise entre Irán e os Estados Unidos
A tensión volve ao golfo Pérsico á conta do petróleo. As sancións estadounidenses impiden as exportacións de cru iraniano e estrangulan a economía dese país. En resposta Teherán ameaza con bloquear o estreito de Ormuz, por onde pasa o 30% do petroleo mundial por vía marítima.
A tensión agravouse despois de que Arabia Saudita e os Emiratos Árabes denunciaran ataques aos seus petroleiros. Irán nega toda responsabilidade, pero os Estados Unidos enviaron varios buques militares. Algúns medios apuntan a que a administración estadounidense ten un plan para despregar 120.000 soldados na zona.
Washington acusa Irán de estar preparando ataques inminentes. Pero o Goberno ruso considera que o responsable do recruamento da situación no golfo Pérsico son os Estados Unidos, por abandonar hai agora un ano o pacto nuclear con Irán e reactivar as sancións.