CRTVG

Buscar

Présa e ganas por recibir a vacina, tensión e longas esperas en Santiago

Publicado o 07/04/2021 09:08

Tensión e esperas moi longas no dispositivo de Santiago. Xuntáronse moitos factores; un deles, a aglomeración de xente que acudiu fóra do seu horario. Foi incluso preciso que a Policía Nacional puxese orde.

Hai présa e ganas de recibir a vacina, pero Sanidade pide que se respecten as quendas e chegar á hora para que non se repita isto.

Con todo, unha vez dentro, o dispositivo funcionou axeitadamente.

Noticias web

07/04/2021