Tendencias e oportunidadades da transformación dixital, a debate en Galicia TIC 2019
As empresas tecnolóxicas do país reuníronse hoxe nunha nova edición do Galicia TIC, o seu foro de referencia. O evento serviu para analizar as tendencias e as oportunidades que xera a transformación dixital da sociedade. Ademais, empresas doutros sectores puideron coñecer de primeira man o que as novas tecnoloxías poden facer polos seus negocios.
As demostracións foron protagonistas neste Galicia TIC. Cidades intelixentes, impresoras 3D e mesmo tecnoloxías para superar os nosos medos.
"Neste foro Galicia TIC vemos demostracións con innovacións de todo tipo, mesmo as que poden mellorar a nosa saúde. Por exemplo, este simulador de realidade virtual permite tratar fobias. Dun xeito progresivo e controlado por psicólogos, o paciente enfróntanse aos seus medos para superalos. A fobia ás arañas, ás alturas, aos avións ou a falar en público pódense tratar con este dispositivo de creación galega que hoxe presenta o Clúster de Saúde de Galicia".