CRTVG

Buscar

Tendas agrarias ofrecen chalecos reflectores para facer visibles as galiñas

Publicado o 27/05/2021 14:41

Como se dun peón se tratase, as galiñas contan agora cun novo elemento de seguridade que desde hai uns días xa se pode atopar á venda nalgunas tendas agricolas. Un chaleco reflector que conta cunha capa superior reflectora e uns velcros adhesivos para suxeitalos.

A súa efectividade ten partidarios e tamén detractores por tratarse dun animal que polo xeral se atopa acurralado. O feito de darlle visibilidade está ben pero xera dúbidas fronte á reacción de depredadores como o raposo. Cun prezo que roza os 8 euros, nunha tenda agrícola de Ponte Caldelas xa recibiron chamadas interesándose por este curioso complemento.  

Noticias web

27/05/2021