CRTVG

Buscar

Tempo solleiro pero frío esta fin de semana

Publicado o 10/01/2020 13:54

A néboa e nubes baixas coas que hoxe amenceu o día en moitos puntos de Galicia foron retirándose ao longo da mañá para deixar paso ás altas presións que predominarán durante esta fin de semana na comunidade. Tempo seco e solleiro, pero con oscilacións térmicas que pasan factura.

O paraugas cede o protagonismo ás luvas e á bufanda porque o anticiclón deixará temperaturas mínimas en descenso con valores negativos en Lugo e Ourense.

Tempo seco que segundo as previsións dominará ata última hora do domingo.

Xa para a vindeira semana as baixas presións volverán deixar precipitacións en Galicia e traerán moito vento á costa galega.

Noticias web

10/01/2020