Tempo revolto? Regresan os visitantes ás rúas de Compostela
Publicado o 18/08/2020 14:54
A mal tempo, zona vella. Non é o que era calquera outro ano, loxicamente, pero ao mirar a praza descóbrese movemento. Ringleiras ás portas da catedral. Unha rúa do Franco que volve verse ateigada.
A española é a lingua que, con diferenza, máis se oe por Santiago. Pero tamén se pode atopar algún estranxeiro que asegura que aquí, con precaución, sente seguridade. Malia as incertezas, un respiro para a cara turística de Compostela.