CRTVG

Buscar

Tempo outonizo para despedir a primavera en Galicia

Publicado o 20/06/2021 20:54

A primavera marcha deixando unha paisaxe de ceos grises e ambiente fresco. Aos que seguen a información meteorolóxica, este tempo desapracible non os colleu por sorpresa. A borrasca está deixando auga por toda Galicia.

En Poio rexistráronse 48 litros por metro cadrado e en Cuntis, ao redor der 45. A chuvia recibiu así os turistas e peregrinos en Santiago de Compostela.

Con este panorama, ás cinco e vinte e tres da mañá cambiamos de estación. Comezará igual que marcha a primavera, con chuvias, temperaturas frescas e un aviso amarelo por ondas de ata catro metros no litoral atlántico.

O tempo estará máis acorde coa estación a medidados de semana.

Noticias web

20/06/2021