CRTVG

Buscar

Agosto empeza con pouco sol, pero a situación tenderá a mellorar na segunda semana

Publicado o 02/08/2021 21:10

Agosto empeza con pouco sol. Este luns deunos un respiro, pero as nubes, a chuvia e as baixas temperaturas serán a tónica desta primeira semana.

"O que estamos vendo é unha atmosfera moi cambiante", di Alberto Romero, meteorólogo de Meteogalicia.

Aínda así, a pesar desa atmosfera tan cambiante, desde Meteogalicia deixan unha mensaxe en positivo, cando menos para a semana que vén.

"Se miramos cara ao medio prazo, a partir do domingo recuperaremos o anticiclón", explica Alberto Romero.

A inestabilidade non altera os plans de turistas e peregrinos. Parecen levar o fresco mellor ca nós e é que a maoría di que xa sabían o que ían encontrar.

Non somos os galegos de fiarnos das predicións a longo prazo. Tampouco de facelas. Así que, dentro de quince días seguiremos informando.

Noticias web

02/08/2021