CRTVG

Buscar

Tempo de outono para a última fin de semana do verán

Publicado o 17/09/2021 13:28

Na fin de semana baixan as temperaturas, e teremos algo de choiva o domingo á tarde. Ceo anubrado e néboas polas mañás. Unha situación típica do outono provocada por unha fronte pouco activa que se achega polo Atlántico. Devagar imos chegando ao outono, que se estreará no noso calendario de xeito oficial o 22 deste mes. Pero o tempo xa se vai adiantando baixando as temperaturas e deixando choiva feble que se espallará por todo o país.

Mabel Montes, 'O tempo': "O tempo nesta derradeira semana de verán vaise comportar como se estivéramos en pleno outono. Vai ser bastante variable. Hoxe unha fronte vai deixar choiva dende a metade atlántica cara á a zona leste do país. O sábado teremos algúns momentos de ceo bastante claro, especialmente pola tarde, pero xa para o domingo entraría unha nova fronte, máis débil que a que temos agora, que deixará precipitacións na cara atlántica e as temperaturas en descenso".

Veremos o que nos depara este tempo de magostos e cogomelos.

Noticias web

17/09/2021