CRTVG

Buscar

Temperaturas sen precedentes e máis dun centenar de incendios sufocan o Mediterráneo

Publicado o 06/08/2021 08:51

Os máis de 160 focos de incendio declarados desde o mércores pasado na costa meridional e occidental de Turquía acabaron ata o de agora con oito vidas, sete delas na provincia mediterránea de Antalya, onde tamén seguen os labores de extinción.

España enviou avións para colaborar nunha emerxencia para a que Turquía non ten suficientes medios propios, polo que tivo que alugar ou pedir aeronaves a Rusia e Ucraína, entre outros países. Grecia está a sufrir a peor onda de calor en máis de tres décadas. As temperaturas chegaron aos 47 graos nalgunhas zonas do norte do país.

Na última xornada declaráronse 118 incendios, onde ata o de agora non houbo vítimas, pero milleiros de hectáreas continúan ardendo sen control, especialmente na illa de  Eubea e no Peloponeso. O fume chega ata o norte de África. Un novo incendio no norte de California obrigou a evacuar case sete mil residentes dos seus fogares. 

Noticias web

06/08/2021