CRTVG

Buscar

Temperaturas por riba dos 30 graos no sur de Galicia e máis suaves no norte

Publicado o 11/06/2021 14:35

Dende primeira hora loce o sol xa sobre a cidade de Ourense. Os termómetros onte superaron os 36 graos e esta noite non baixaron dos 18 graos. Difícil conciliar o sono. Avanzan as horas e os termómetros seguen a súa escalada. Ata 35 graos poderán rexistrarse hoxe en Ourense. Un pouquiño menos en Vigo, 33, e en Pontevedra, 32. 

A falta de mar, o río convértese en cita obrigada para combatela calor no interior. Todo depende con que se compare. Se botamos unha ollada ao norte, a cousa muda. Os termómetros alí quedarán arredor dos 23 graos na Coruña, 24 en Ferrol ou Lugo. Iso si, irán subindo chegando a rozar os 30 o domingo.

Noticias web

11/06/2021