Temperaturas por riba dos 30 graos no Ribeiro e en Ourense
A carón do río a temperatura é máis levadía. O Ribeiro rexistrou a temperatura máis alta de toda Galicia. Por riba dos 31 graos estiveron na Arnoia.
E é que as mínimas aquí estiveron por debaixo dos 10 graos. Co paso das horas o sol convidou a saír para gozar de actividades ao aire libre, aquí sen restricións horarias.
O que se bota en falta é poder bañarse, aínda que hai outros xeitos de gozar do río.
As ribeiras do río tamén son o principal refuxio en xornadas coma as de hoxe en Ourense. Hai quen mesmo aproveita para pasear o can en traxe de baño. A principal queixa dos pais, os horarios.
Coas piscinas pechadas os máis pequenos buscan o xeito de refrescarse... Na costa, localidades como Pontevedra ou Ferrol superaron os 25 graos de máxima sol e calor que levou moita xente ata os areais para gozar dunhas temperaturas que seguirán subindo ata o xoves.