CRTVG

Buscar

Tino Saqués leva dez adestradores en seis temporadas

Publicado o 01/03/2021 15:03

A dinámica de resultados do Lugo, con só 2 vitorias nas últimas 15 xornadas, tiña descontento a Tino Saqués. Tampouco gustaba na directiva e no vestiario o discurso de Nafti.

Permanencia sobre a que o Lugo ten agora 6 puntos. Os números de Nafti eran bos. Comparemos as mellores porcentaxes de puntos acadadas polos últimos adestradores. Juanfran logrou un 51% dos puntos posibles en 11 partidos. Milla andaba polo 46% en 26 partidos. E logo aparece Nafti, que, case coa metade de partidos, melloraba a Luis César e Francisco.

Tino Saqués tiña perdida a confianza en Nafti. E xa sabemos como é o presidente do Lugo. Non lle treme moito o pulso para asinar un despido. Sexta temporada como presidente. E van 10 adestradores: Milla, Durán, Luis César, Francisco, Javi López, Monteagudo, Eloy Jiménez, Curro Torres, Juanfran e Nafti. Unha abraiante estratexia de despedimentos que non achegan estabilidade, pero manteñen o equipo na Segunda.

Noticias web

01/03/2021