CRTVG

Buscar

Televisións públicas españolas únense para poñer en valor o labor como servizo esencial

Publicado o 19/07/2021 15:49

A Cidade da Cultura foi o escenario da sinatura dun acordo histórico. O convenio Compostela entre a Federación de Radios e Televisións Autonómicas e a Televisión Española busca compartir coñecementos e garantir o futuro dos medios públicos. José Manuel Pérez Tornero, presidente de RTVE destaca que á TVE e á Forta as une "a necesidade de cumprir unha misión pública, de servizo, axudar á democratización do país e á diversidade cultural".

O papel das televisións autonómicas viuse reforzado durante a pandemia. Agora con este acordo quérese seguir ofrecendo información de proximidade plural e de calidade. Mar Iglesias, presidenta da FORTA asegura que "as radios e televisións públicas dan un gran servizo á cidadanía, son imprecindibles, porque acercan o máis lexano, a proximidade, e porque son un servizo público esencial tal e como se demostrou en tempos de pandemia".

O acordo que acaba de asinarse pretende tamén reforzar a posición dos servizos audiovisuais públicos no ámbito nacional, europeo e internacional.

 

Noticias web

19/07/2021