Televisión de Galicia emite esta noite a entrega dos Premios Mestre Mateo
Esta noite celébrase a festa do audiovisual galego, os Premios Mestre Mateo, e todos poderemos seguila na Televisión de Galicia. A Galega opta un ano máis a moitos dos premios pero para outros será a primeira vez coma candidatos ós Mestre Mateo.
Estar na lista de candidatos xa é un premio para Marcos Barrios, realizador de ‘Desmontando Galicia’, logo de destacar como programa revelación da tempada.
A ficción en galego está de moda e series coma ‘Serramoura’ ou ‘A Estiba’ volven a aparecer no listado de candidatos. No caso de ‘A Estiba’, Desiré Pillado e Paula Cereixo compiten polo premio a mellor actriz de reparto.
Outra categoría complicada será a de mellor actriz protagonista onde, Benedicta Sánchez, aparece coma grande favorita seguida de Candela Peña e onde Cristina Iglesias aparece polo seu papel en Eroski-Paraíso.
Esta noite coñeceremos os gañadores dos Mestre Mateo nunha gala presentada por Patricia Vázquez e que poderemos ver na Televisión de Galicia.