Teletraballadores abafados pola suba da factura da luz
Publicado o 31/08/2021 15:50
Luz é arquitecta e leva dende o confinamento facendo teletraballo. Imprescindible o ordenador e outros dispositivos electrónicos durante toda a xornada laboral. Coa suba do prezo da electricidade, a súa factura disparouse case un 50 por cento.
Para ela son moitos os beneficios do teletraballo, xa que pode conciliar a súa vida laboral e familiar, pero se segue a escalada do prezo da luz recoñece que tería que analizalo.
Traballadores e empresas recibiron no seu día o teletraballo cos brazos abertos, pero agora a súa permanencia estase a complicar cunhas facturas que moitos non poden asumir.
O recibo de agosto será o máis caro da historia, e esta montaña rusa de prezos recae sobre os teletraballadores, que piden que se tomen medidas urxentes.