CRTVG

Buscar

Técnicos de prevención de incendios comezan unha folga indefinida

Publicado o 01/08/2020 12:02

Outra reivindicación laboral comezouna hoxe o persoal técnico do servizo de prevención de incendios forestais. Este sábado iniciaron unha folga indefinida. Pídenlle a Consellería de Medio Rural, da que dependen, un novo acordo que mellore as súas condicións de traballo. A esta convocatoria están chamados máis dun cento de técnicos forestais. Aínda que os servizos mínimos, en plena campaña de alto risco de incendio, serán do 100 por cento. Esta mañá houbo varias concentracións en diferentes localidades galegas. A que se pode ver nas imaxes corresponde á da Coruña.