CRTVG

Buscar

Tazacorte vive en tensión as últimas horas

Publicado o 29/09/2021 08:42

Temendo o que finalmente pasou esta noite, que a estrada da costa se cortase, nas explotacións que usan esa vía apuraron as últimas horas para recoller todo o plátano que puideron nestas duras condicións.

E haberá que ver en que situación queda a rede de regadío tras o avance da coada.

A lava xa arrasou con outras explotacións e incluso se formou unha nube tóxica ao bater cos invernadoiros. Na Palma hai 2.500 hectáreas deste cultivo. Calculan unhas catrocentas gravemente afectadas, pero o sector di que todas teñen algún dano, aínda que só sexa pola cinza.

O ministro Planas promete tamén apoio ao resto do sector primario, gandería e pesca. Coa súa chegada ao mar, a lava dana a flora e a fauna, pero os mariñeiros xa hai días que ven afectada a súa actividade na zona de exclusión á navegación que delimita a Mariña Mercante.

Os palmeiros en Tazacorte están en tensión, non só por este temor a perder o sustento; tamén, confinados dende o domingo, polas incertezas de vivir ao carón da erupción.

Noticias web

29/09/2021