CRTVG

Buscar

Taxistas, bombeiros, camareiros ou transportistas comezan o 2019 traballando

Publicado o 01/01/2019 20:13

Aínda que algúns probablemente aínda non se ergueron despois da festa da Noitevella, son moitos os que comezan o ano traballando neste festivo do 1 de xaneiro. Taxistas, bombeiros, camareiros ou transportistas son só algúns dos que viven esta xornada coma un día máis de traballo.

O primeiro día do ano é algo diferente dos demais por todo o que supón a festa da noite anterior e por tratarse dun festivo en que tradicionalmente hai pouca actividade. Pero cada vez son máis os colectivos que traballan este día e para moitos deles trátase xa dun día máis no calendario.

Mesmo nalgúns lugares coma as farmacias ou as gasolineiras ou para profesionais coma bombeiros ou taxistas hoxe é un dos posibles días con máis carga de traballo.

O importante, en todo caso, é gozar como se poida deste primeiro día do 2019, xa sexa descansando ou pensando que o traballo é a mellor forma de comezar o ano.

Noticias web

01/01/2019