CRTVG

Buscar

Taxis e hoteis, atoados polas novas restricións

Publicado o 26/01/2021 14:16

Cada vez son máis os hoteis que permanecen pechados pola caída de turismo e das viaxes de empresa. Cunha baixada do 70 % da ocupación, uns optan polo peche total e outros están a baixar a reixa as fins de semana, porque non hai unha soa reserva. As novas restricións atoan aínda máis un sector que está a sobrevivir con moitísimas dificultades. 

Afectan especialmente a hostalaría e os numerosos sectores que viven en gran parte dela. O sector do taxi tamén cifra nun 70 % a caída da súa facturación. De feito, os 553 taxistas con licenza na cidade de Vigo votan mañá se reducen á metade o traballo e saen ás rúas 15 días ao mes en febreiro e marzo.

Tamén se cuestionan deixar os coches nos garaxes para presionar as administracións, porque para moitos taxistas ser servizo público cústalles máis do que ingresan.

Noticias web

26/01/2021