CRTVG

Buscar

Santiago estuda a implatanción dunha taxa aos turistas que non pernoiten

Publicado o 25/10/2019 10:27

Os turistas que visiten Santiago no próximo Xacobeo van pagar unha taxa. O Concello non quere falar dunha taxa turística e formalmente non o será, pero a realidade é que as persoas que veñan a Santiago nunha excursión contratada sen pernoitar e cheguen nun autobús ou nun vehículo privado teñan que pagar ese imposto.

O concello pretende que se constrúan catro zonas de estacionamento en cada unha das principais entradas da cidade, e os autocares contratados polos excursionistas os deixen nas dársenas ou na estación de autobuses. Mentres dure a visita teñen que retirarse e deberán estar nesas áreas de aparcamento e será aí onde se afronte o gasto engadido.

Os que cheguen en visita privada tamén farán un pagamento, pero será, segundo o Concello, un prezo baixo.

 

Noticias web

25/10/2019