Tarde de treboadas localizadas nas provincias atlánticas e no interior de Lugo
EFE/ Eliseo Trigo
As previsións non se enganaron. Había aviso amarelo por treboadas e o ceo foise escurecendo desde primeira hora da tarde. Así estaba na Coruña, onde a chuvia descargou con forza de repente collendo desprevidos moitos viandantes e dificultando o tráfico.
E na localidade veciña de Oleiros producíronse inundacións. Así corría a auga pola rúa Salvador Allende.... onde algúns baixos e garaxes quedaron asolagados.
Os trebóns foron localizados pero intensos. Na estación de Metegalicia en Ordes recolleronse en só 10 minutos 10 litros por metro cadrado.
Pero na comarca de Santiago a treboada mesmo descargou sarabia. En poucos minutos o pedrazo cubriu este campo de golf situado no concello de Ames. Algúns dos que estaban facendo deporte non puideron poñerse ao abeiro a tempo. O tamaño da pedra que caía do ceo deixoulles pegada na pel.
As provincias atlánticas e o centro e a montaña de Lugo foron as zonas máis afectadas polas treboadas.