CRTVG

Buscar

Tarde de treboadas en boa parte de Galicia

Publicado o 14/04/2020 21:06

Tarde de treboadas a que se viviu hoxe en distintos puntos de Galicia. Dúas das máis fortes caeron na cidade de Lugo e no concello ourensán de Cea. Pedrazo intenso, moita auga e numerosos lóstregos foron os efectos duns fenómenos que non tiveron demasiada duración.

Os meteorólogos xa advertiran de que estas treboadas ían chegar a Galicia ao longo da tarde. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais pola súa causa.

Noticias web

14/04/2020