CRTVG

Buscar

Tarde de accidentes de tráfico no Barbanza

Publicado o 22/10/2021 20:45

Dúas mozas que circulaban nunha motocicleta resultaron feridas tras chocar contra un autobús no concello coruñés de Ribeira.

O sinistro produciuse arredor das 6 da tarde nesta estrada DP-7304 no lugar de Artes en Corrubedo cando as dúas mulleres empotráronse contra un autobús por causas que se descoñecen. En principio as súas feridas non revisten gravidade e foron atendidas alí mesmo polas ambulancia do 061. Ata o lugar desprazáronse tamén Bombeiros e membros da Poicía Local e da Garda Civil.

Pouco antes e non moi lonxe de alí, Na Pobra do Caramiñal, foi atropelado por unha furgoneta un neno que circulaba nunha bicicleta. O seu estado é grave.

 

Noticias web

22/10/2021