CRTVG

Buscar

Tapan fochancas con forraxe como medida de protesta

Publicado o 02/09/2020 12:55

Forradas con forraxe. Así están algunhas das numerosas fochancas que presenta a pista que une a parroquia de Corbelle, na Pastoriza, coa vila de Muimenta, en Cospeito. Os vehículos que usan esta estrada teñen que pasar con moita cautela para non estragar as rodas e as suspensións. A deterioración concéntrase nun tramo duns 700 metros, pero é tan notoria que moitos condutores optan por dar un longo rodeo ou por desprazarse a outros lugares para facer as súas compras e xestións.

"A estrada está moi deteriorada e ten moito uso diario".

"Todos os veciños desta zona temos que usar esa pista".

"Xa leva moito tempo derramada e non a dan arranxado".

"A pista ten moito tráfico todos os días".

Os veciños non entenden que só se acondicionase unha parte da vía e que agora se estea a traballar nas gabias cando o máis urxente é o firme. En Muimenta tamén hai queixas porque aseguran que o mal estado da pista está a restar clientela aos negocios. O pasado sábado veciños de ambas as localidades colocaron árbores na estrada como xeito de protesta.

"Arranxaron unha parte, pero ese tramo quedou así".

"Esperemos que dean pronto unha solución".

A estrada leva moito tempo sen amañarse e é utilizada diariamente polos camións de leite e penso que se desprazan ás granxas da zona.

Noticias web

02/09/2020