CRTVG

Buscar

Tania Varela, condenada a un ano e oito meses por branquear diñeiro da droga

Publicado o 12/04/2019 19:56
Tania Varela, condenada a un ano e oito meses por branquear diñeiro da droga

Condenada por branqueo a narcoavogada cambadesa Tania Varela. A Audiencia de Pontevedra imponlle un ano e 8 meses de prisión e unha multa de 56.000 euros. O tribunal considera probado que Varela se enriqueceu co narcotráfico. E que usou a sociedade Promociones Rialto para branquear 75.000 euros. Fíxoo a través da compra dun coche e de varios terreos en Cambados.
O diñeiro adxudicarase agora ao Plan Nacional contra a Droga.

Noticias web

12/04/2019