CRTVG

Buscar

Feijóo falou tamén da repartición dos fondos europeos e da frota pesqueira ante o Brexit

Publicado o 13/12/2020 13:26

Feijóo dixo na Radio que os 100 barcos galegos que pescan en augas británicas precisan que o Goberno de España sexa firme para que o Brexit non os saque deses seus caladoiros históricos.

"Espero que o Goberno de España teña competencia e determinación para non pechar un Brexit en contra dos intereses lexítimos dunha frota que xa viña pescando en augas británicas antes de que se constituíse a propia Unión Europea", indicou o presidente da Xunta.

Preocúpao tamén que o Goberno central non diga os criterios de repartición dos fondos europeos de rescate cando xa acaba de pactar co independentismo o meirande presuposto do Estado español pero baixándollo a Galicia.

"Temos o peor presuposto no que a investimento se refire dos últimos quince anos, co maior incremento presupostario da historia de España, un 53 % crecen os investimentos do presuposto do Estado, e en Galicia decrecen", afirmou Feijóo.

O presidente insiste en que o pazo de Meirás debe serlles devolto aos galegos e cómpre volverlle tamén o protagonismo das torres a Emilia Pardo Bazán. Lembra que a competencia de cultura é exclusiva da Xunta.

Noticias web

13/12/2020