CRTVG

Buscar

Tamara Abalde ficha polo Ensino de Lugo

Publicado o 27/04/2021 13:31

Regresa ao baloncesto galego 14 anos despois de saír do Celta

Tamara Abalde regresa ao baloncesto galego. Ficha polo Durán Maquinaria Ensino. Catorce anos despois de saír do Celta para unha universidade americana e pasar pola liga francesa, polo Avenida, Valencia, Rivas, Cadi la Seu ou Zaragoza, Tamara Abalde, olímpica en Pequín 2008, campioa de Europa coa selección española en 2019, está de volta con 32 anos. A última campaña xogouna no Araski de Vitoria. Ten máis de 300 partidos na máxima categoría. 

Proxecto ambicioso do Durán Maquinaria Ensino para a próxima temporada. Tamara Abalde será dos piares fundamentais no equipo que vai dirixir Miguel Ángel Ortega.

Noticias web

27/04/2021