Taboadela é un dos tres concellos galegos con incidencia de máis de mil
As badaladas rompen o silencio de Taboadela. Solainas baleiras, bares pechados e ampla distancia de seguridade no terceiro concello con máis incidencia de Galicia.
Máis animación atopamos en Maitesuso, o único súper do concello, e a única opción para comprar en Taboadela se todos respectaran o peche perimetral. Sospeitan que hai quen o salta, pero son máis os que cumpren nun concello con moitos maiores aos que protexer.
Esta concienciación pode explicar a altísima participación no cribado de onte. Estaban citados 500 veciños e foron preto do 90 %. Cada pouco consultan o móbil, á espera duns resultados que chegarán antes da noite.
Os casos activos baixan cada día e hoxe son 18, pero seguen a ser moitos para unha poboación de 1.400 habitantes sorprendidos aínda pola chegada do virus a este tranquilo concello ourensán.