CRTVG

Buscar

Susto no centro de Vigo tras declararse un incendio nun piso en reformas

Publicado o 11/08/2021 10:45

Pouco antes das oito da mañá, as chamas e o fume que saían dunha das terrazas alertaron varios residentes da rúa Don Bosco que, decontado, avisaron os servizos de emerxencias.

Catro unidades dos Bombeiros de Vigo, entre elas o camión escaleira, lograron conter axiña o avance das lapas, que se orixinaron nun piso que actualmente está sendo reformado. A Policía Local desaloxou algúns veciños, que se foron avisando os uns aos outros, e uns poucos puideron permanecer nas súas casas. Ninguén quedou ferido. O edificio ten nove andares e nel hai case corenta vivendas. Desde algunha delas foi que escoitaron un estourido.

O suceso causou unha grande expectación no barrio. Todos os residentes regresaron ás súas casas en canto os bombeiros remataron a súa intervención.
 

Noticias web

11/08/2021