CRTVG

Buscar

Susto en Maside polo incendio dunha vivenda

Publicado o 27/05/2021 14:31
Susto en Maside polo incendio dunha vivenda

Susto en Dacón, no concello de Maside, polo incendio dunha vivenda deshabitada. O lume orixinouse contra as 11 da noite.Foron os veciños os que deron a voz de alerta aos servizos de emerxencias. A pesar do susto os bombeiros conseguiron salvar as vinvendas lindeiras tamén deshabitadas.

Non houbo que lamentar danos persoas nin afectación a outras casas pero o inmoble quedou completamente derruído. Os propietarios, donos tamén dunha das vivendas que está o carón, residen en Vigo e teñenas á venda. Nin eles nin os veciños entenden que puido acontecer xa que as casas non contan con subministro eléctrico.As forzas de sguridade investigan xa as causas do incendio.

Noticias web

27/05/2021