CRTVG

Buscar

Suspendido o xuízo do caso Coté á espera de que as partes valoren un acordo de conformidade

Publicado o 17/12/2020 15:44

José Luis López Pérez, Coté, chega á Audiencia Provincial da Coruña desde o cárcere do Pereiro de Aguiar, onde ingresou hai só dous meses para cumprir outra condena por feitos semellantes, pero ocorridos en Vinarós, Castellón, onde, tras un paso fugaz polo cárcere de Teixeiro, abriu outra clínica en 2009, ao verse obrigado a pechar as de Ferrol e Viveiro.

No Pereiro cumpre unha condena, do Tribunal Supremo, de 4 anos e medio por intrusismo profesional e estafa. Unha sentenza que foi a primeira vitoria para as vítimas galegas. O xuízo en Galicia celébrase case trece anos despois da detención.

Sen máis estudos comprobados que o bacharelato, malia os prestixiosos títulos que exhibía no seu despacho, Coté exerceu como médico osteópata durante uns quince anos. Primeiro en Ferrol e despois tamén en Viveiro, onde abriu unha segunda clínica á vista do éxito da primeira.

Calcúlase que amasou unha fortuna de catro millóns e medio de euros.

 

Noticias web

17/12/2020