Un esvaecemento fulminante de Christian Eriksen no campo obriga a suspender o Dinamarca - Finlandia
Publicado o 12/06/2021 20:38
O futbolista danés caeu sen motivo aparente cando só faltaban 3 minutos para rematar a primeira metade. Os servizos médicos trataron de reanimalo sobre o céspede e pasados uns dez minutos foi trasladado aos vestiarios arroupado polos seus compañeiros.
A UEFA suspendeu o partido, que se estaba celebrando en Copenhague. Segundo algunhas fontes, o futbolista xa tería recuperado o pulso durante ese traslado e posteriormente foi evacuado a un hospital da capital danesa.
Transcorrida unha hora do incidente, a Federación danesa de fútbol informaba que o xogador recuperou a consciencia e que xa falara coa súa muller, aínda que lle seguirán facendo probas.