Suspendido na Audiencia de Pontevedra o xuízo polo transporte de cocaína no Cap Beatrice
Suspendeuse o xuízo a dous galegos e un colombiano acusados de cooperar no tranporte de máis de cincuenta quilos de cocaína a Galicia. A ausencia de testemuñas fundamentais motivou a cancelación da vista.
Os feitos que se ían xulgar datan de hai tres anos cando a policía interceptou a carga de cocaína que, supostamente, introducira un polisón no mercante Cap Beatrice en Colombia que facía ruta a Marín para botala ao mar nun punto próximo a Ons.
Un dos tres acusados está en prisión provisional. Os galegos, veciños de Sanxenxo e Valga, están en liberdade provisional.
Para os tres, o fiscal pide penas que suman 37 anos de cárcere e multas por importe de 24 millóns de euros.
As novas datas previstas para a celebración do xuízo son desde o 27 ao 29 de outubro.