CRTVG

Buscar

Suspendidas as Medal Race de Echegoyen e López Marra por falta de vento

Publicado o 02/08/2021 07:47
Suspendidas as Medal Race de Echegoyen e López Marra por falta de vento

Esta mañá tiñan que disputarse as Medal Race nas clases 49er e 49er FX de vela, pero a falta de vento no campo de regatas de Inoshima provocou a suspensión da xornada e o aprazamento para o martes. 

En 49er o sonense Iago López Marra ten a un paso a medalla. Ocupa a terceira posición empatado coa parella británica que é prata e a só catro puntos dos líderes, os neocelandeses Burling/Tuke. 

En 49er FX Támara Echegoyen precisaba remontar. Parte na cuarta posición con cinco puntos de desvantaxe para acadar os metais. 

Compre lembrar que na Medal Race os puntos valen dobre, co que a parella Echegoyen-Barceló tería que meterlle tres postos de diferenza ao barco alemán. O ouro téñeno a 7 puntos.