CRTVG

Buscar

Suspéndese varios minutos a sesión no Parlamento de Andalucía pola presenza dun roedor

Publicado o 21/07/2021 19:36
Suspéndese varios minutos a sesión no Parlamento de Andalucía pola presenza dun roedor

Unha rata coouse esta mañá no salón de plenos do Parlamento de Andalucía.O roedor apareceu baixo os escanos, entre a bancada de Ciudadanos e a de Vox, cando comezaba a sesión. A presidenta deu un berro ao vela, moitos deputados saltaron enseguida dos asentos e algún incluso escapou da sala. A sesión suspendeuse ata que conseguiron botar fóra o animal. 

Noticias web

21/07/2021