CRTVG

Buscar

Suspéndese o programa de viaxes do Imserso por desavinzas na repartición das prazas

Publicado o 13/08/2021 16:30

O sector turístico galego está preocupado pola suspensión do programa de viaxes do Imserso, por desavinzas na repartición dalgunhas prazas. Malia que confían en que todo se solucione rapidamente, nas axencias contáronnos que a situación actual non beneficia a ninguén.

As viaxes do Imserso deste ano terían que comezar para este mes de outubro, pero a suspensión cautelar que provocaron os hostaleiros de Benidorm e a Costa Branca, que non están conformes ca repartición, mantén o programa paralizado. E xa non é a primeira vez.

As axencias de viaxes galegas están preocupadas pola paralización. Malia que xestionar estes programas non lles é moi rendible moito economicamente, si que contribúe a desestacionalizar o sector, algo importante logo deste ano e medio de parada. E tamén pensan nos beneficiarios destas viaxes.

A patronal das axencias galegas cre que haberá solución pronto, pero aínda así, opinan que todo o asunto podería terse evitado, polo ben do sector e dos beneficiarios.

Noticias web

13/08/2021