CRTVG

Buscar

Suspéndese a romaría de Fátima de Bravos, en Ourol

Publicado o 13/05/2020 15:07

Este chío do Bispado confirmaba o que xa viñan teimando na parroquia de Bravos dende hai días. A súa romaría de Fátima suspendíase. As pequenas dimensións do templo non permiten celebrar unha das tradiccións máis arraigadas na Mariña. Cada 13 de maio os veciños dos concellos da contorna peregrinan a pé ata a capela para ofrendar a Virxe, tamén é dia de reencontros cos que un día marcharon da aldea.

"Ten que ser así o importante é a saúde, xa volveremos dentro de dous meses facer a promesa"
"Xa mo esperaba pero é un dia triste".

A romaría terá que agardar pero moitos confian en poder achegarse ao templo para ofrendar a Virxe nos vindeiros días.

Noticias web

13/05/2020