Suspenden unha funcionaria pola súa suposta relación cun preso do Pereiro de Aguiar
Publicado o 21/09/2021 12:29

En Ourense, unha funcionaria foi suspendida pola súa suposta relación cun interno do cárcere do Pereiro de Aguiar. Ao parecer, a traballadora mantiña unha relación afectiva co preso. Comprobouse no visionado das cámaras. A funcionaria entrou na cela do preso pola noite. Unha situación que puido supoñer un risco para a seguridade no centro, por iso os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda e da Subdelegación do Goberno. Institucións penitenciarias, ademais de suspender a funcionaria, decidiu tamén trasladar do centro o interno.