CRTVG

Buscar

Suspenden a misa de defuntos en varias parroquias de Quiroga para evitar contaxios

Publicado o 17/10/2020 21:13

Nesta igrexa de Santa María da Ermida, no Concello lucense de Quiroga, non haberá misa de defuntos nin responso á saída no camposanto porque o párroco non quere contribuír a que se espalle o coronavirus. Xa o anunciou hai uns días, para que os veciños estean informados e eviten achegarse. A existencia de casos positivos na localidade está detrás desta decisión.

Unha medida que os fregueses comparten.

Tampouco haberá misa de defuntos no resto das once parroquias que leva este cura en Quiroga.

Esta decisión non afecta ao Concello veciño do Courel. As oito freguesías das que se ocupa contarán con misas, porque nesta localidade non se confirmoi ningún caso positivo en coronavirus. Eso si, o aforo está limitado ao setenta e cinco por cento.

Noticias web

17/10/2020