CRTVG

Buscar

Suspenden a festa da xouba en Rianxo ao non haber capturas suficientes

Publicado o 20/07/2021 14:24

Rianxo preparábase para a Festa da Xouba desta fin de semana, pero as capturas son as que son. "A semana pasada xa non colleron nada e nesta houbo barcos que pescaron sete ou dez quilos, moi pouco para unha festa que pide sobre 300 quilos de xouba", di Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da confraría.

Unha ducia de xeiteiros son os que a pescan de noite. Este ano non houbo moita e agora nos aparellos xa vén algo de medianiño, xouba un pouco máis grande. "Dinme que dan 66 ou 67 pezas. Xa non é xoubiña, pero vén mesturada", din na confraría.

Aínda así, o Concello non desbota que volva aparecer e, daquela, celebrar a festa. Participan 20 locais que cada ano teñen máis clientes. O ano pasado empregáranse 250 quilos de xouba de Rianxo. Hai tres anos, en 2018, xa se tivera que suspender a festa polo mesmo motivo.

Noticias web

20/07/2021