Suso Basterrechea, artista: "Decateime de que precisaba unha linguaxe máis directa, quería comunicar e introducir mensaxes nas miñas obras"
Publicado o 02/05/2021 11:30
Na galería Metro de Santiago podemos ver estes días que fixo nos últimos nove anos sen expoñer en Galicia Suso Basterrechea. O título fala tamén de intencións: "Quixen ser perfecto, quixen ser minimalista, pero teño goteiras".
O artista ferrolán emprega o papel como material e introduce textos ou palabras nas imaxes. Basterrechea participa tamén en Osmose, o último espectáculo de Mercedes Peón.