Susana Seivane celebra o vixésimo aniversario do seu primeiro disco
Publicado o 24/02/2019 13:22
21 de febreiro de 1999. Esa é unha data que a nosa seguinte convidada non esquecerá nunca. E é naquel entón a súa vida cambiou totalmente. Ese día hai vinte anos Susana Seivane publicaba o seu primeiro disco, que titulou co seu nome. Dúas décadas despois, segue sendo un dos referentes da gaita no noso país e fóra del, ten ás súas costas máis de mil concertos en máis de vinte países. Acaba de celebrar este aniversario por todo o alto, cun concerto que ela mesma dixo que sería único e inesquecible.