CRTVG

Buscar

Susana Seivane arranca nova xira para festexar os seus 20 anos sobre o escenario

Publicado o 15/02/2019 22:26

En Bertamiráns a artista galega Susana Seivane inicia unha xira para celebrar os seus vinte anos enriba dos escenarios .Neste concerto ocupará un lugar especial o disco máis recente da gaiteira, titulado Fa, co que lles rende homenaxe os seus fillos, e en que nos deleita coa súa voz. Había oito anos que Susana Seivane non sacaba novo disco. E pasaron xa vinte dende que publicou o seu primeiro álbum. Toda unha traxectoria que quere conmemorar cunha xira que a levará por Galicia e tamén por Madrid.

 

Noticias web

15/02/2019