CRTVG

Buscar

Susana Rodríguez Gacio gaña a prata no Europeo

Publicado o 01/06/2021 20:35

Susana Rodríguez Gacio logrou a medalla de prata na proba dos 1.500 metros no Europeo de atletismo adaptado que se disputa en Polonia, acompañada do guía Celso Comesaña. Gacio levou o peso da proba, pero foi superada pola atleta local Joanna Mazur. A olívica fixo unha marca de 5:03.60, lonxe da mínima A para os Xogos Paralímpicos de Toquio. A marca B si que a posúe. Susana Rodríguez Gacio xa tiña o billete para os Xogos na modalidade de tríatlon.

 

Noticias web

01/06/2021