Susana Rodríguez Gacio, candidata ás eleccións ao Consello de Deportistas do Comité Paralímpico Internacional
Publicado o 23/03/2021 21:49
Susana Rodríguez Gacio acaba de ser proposta como candidata ás eleccións ao Consello de Deportistas do Comité Paralímpico Internacional, que se celebrarán durante os Xogos de Toquio. Gacio, de 33 anos, competirá na proba de tríatlon e busca clasificarse tamén para os 1.500 metros.