Susana Díaz di que liderará "unha oposición responsable"
A Mesa do Parlamento andaluz reuniuse para ratificar a candidatura de Moreno Bonilla á investidura como presidente da Junta. Tal e como anunciou a presidenta da cámara, o debate comezará o próximo martes, e o candidato popular será previsiblemente elixido en primeira votación co apoio do seu grupo, de Ciudadanos e de Vox. Susana Díaz cre que se abre un período de inestabilidade coa nova lexislatura, en que vai exercer o liderado dunha oposición que promete "responsable e útil". A presidenta en funcións xa ordenou o traspaso de poderes mentres se prepara, dixo, para recuperar canto antes o Goberno andaluz.
O presidente do Partido Popular acaba de referirse ao acordo en Andalucía para investir presidente a Juanma Moreno.
Pablo Casado di que o PP é o artífice de que as negociacións chegasen a bo porto.