CRTVG

Buscar

Supera a covid logo de estar un mes ingresada no hospital

Publicado o 13/03/2021 19:59


Dolores lembra os momentos máis duros da covid, unha enfemidade que padeceu a fins de ano e da que pouco a pouco se recupera.

Facía unha suplencia nunha residencia de anciáns e estaba acabada de vacinar cando comezou cos primeiros síntomas. Un mes pasou no hospital, na UCI, primeiro en Burela e logo en Lugo, intubada e ata hai dez días usaba unha máquina de osíxeno.
A súa vida cambioulle por completo.
A covid é unha enfermidade grave, que destaca aínda máis o traballo dos profesionais sanitarios.

Precaución e respecto ás normas porque sen saúde é duro vivir.

Noticias web

13/03/2021